Os pais do Corgo móstranse divididos sobre cal é a mellor opción para que os seus fillos cursen os estudos de Eso se non hai marcha atrás nos plans da Xunta de transformar nun centro integrado de Formación Profesional o IES lucense As Mercedes, o de referencia ata agora. Un grupo de proxenitores é partidario de que os escolares vaian desde o próximo curso ao CPI de Castroverde, pero desde a Anpa cren que iso poría en perigo o futuro do Ceip corgués. No que si están de acordo é en defender que a mellor opción é a continuidade do IES As Mercedes.
O grupo de pais que quere enviar aos seus fillos a Castroverde, que xa expuxo esa posibilidade á xefatura territorial de Educación, aduce que ese centro resulta idóneo pola súa proximidade e ao non estar masificado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario