15 de julio de 2012

Accidente mortal en Castroverde...


Unha persoa faleceu e outras seis resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este sábado 14 de Xullo en Castroverde, no km 22 da estrada LU-530 (de Lugo á  Fonsagrada), pouco despois de abandonar o pobo de Castroverde e comezar a subida a Vilalle, chocou un Alfa Romeo e unha furgoneta Peugeot. O choque ocorreu ao redor das tres e media da tarde, ao parecer cando o Alfa Romeo, que circulaba en dirección á Fonsagrada, invadiu o carril contrario, embistindo á furgoneta.
Segundo fontes oficiais, o número de persoas feridas, algunha delas moi grave, é de seis. O falecido é Manuel Rodríguez Rodríguez, de 77 anos de idade e veciño de Rianxo.
Con el viaxaban dúas mulleres, D.C.C. e M.R.R, de 81 e 69 anos de idade, e J.J.C.R., un mozo de 32 anos que guiaba o vehículo. Na furgoneta viaxaba o matrimonio de Outeiro de Rei formado por T.P.O., de 50 anos de idade, que conducía, e a súa muller M.F.C., de 47 anos, acompañados dun veciño de Castroverde de 54 anos, C.D.F. Os seis sufriron feridas, algúns de gravidade, e foron trasladados ao Hula.
A colisión provocou fortes retencións na estrada.

Fontes: "El Progreso" e "La Voz de Galicia"

2 comentarios:

  1. Acabanme de informar que morreu a muller que estaba moi grave, ¿e verdade? porque a xente di rumores

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Según as nosas fontes non é certo...pero bueno mellor esperar a que se fagan oficiais as noticias que poidan vir.

      Eliminar