15 de mayo de 2012

Baldomero Pestana, xa é fillo predilecto...


Os veciños de Castroverde vestíronse de gala para honrar a un dos seus veciños máis ilustres, o fotógrafo e pintor Baldomero Pestana, que foi nomeado fillo predilecto do municipio, en recoñecemento a toda unha traxectoria artística, da que o académico e escritor Darío Xohán Cabana dixo que «ten unha dimensión planetaria».

Baldomero Pestana naceu en Castroverde en 1918, na parroquia de Santa Magdalena de Pena, e catro anos máis tarde emigrou coa súa familia a Buenos Aires, onde se iniciou o seu interese pola fotografía, para trasladarse máis tarde, xa casado a Perú, onde chegou en 1958. Traballou como fotógrafo de prensa, publicando en revistas como "Times" ou "Life", pero tamén cultivou a fotografía artística, na que destacou polos seus retratos e polo seu contido social. Fotografou a escritores como Neruda ou Garcia Márquez, entre moitos outros intelecturales da época. En 1967, trasládase coa súa esposa a París, onde comezará a profundar no debuxo e a pintura, alcanzando o éxito con relativa rapidez. A súa obra, tanto fotográfica como pictórica, foi exposta no medio mundo, desde os Estados Unidos a Corea do Sur, e desde Francia ou Bélxica até Lugo, en cuxo Museo Provincial mostrou unha importante parte da súa obra no 2008.

Se queredes ver un vídeo de como foron as palabras de Baldomero Pestana
click aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario