21 de mayo de 2012

V Encontro de Asociacións Culturais...

O vindeiro Sábado 26 de Maio, terá lugar o V Encontro de Asociacións Culturais en Castroverde, onde os actos darán comezo ás 9:30h, e finalizarán ás 17:00h cunha actuación de Miro Casabella na igrexa de Vilabade.


15 de mayo de 2012

Baldomero Pestana, xa é fillo predilecto...


Os veciños de Castroverde vestíronse de gala para honrar a un dos seus veciños máis ilustres, o fotógrafo e pintor Baldomero Pestana, que foi nomeado fillo predilecto do municipio, en recoñecemento a toda unha traxectoria artística, da que o académico e escritor Darío Xohán Cabana dixo que «ten unha dimensión planetaria».

Baldomero Pestana naceu en Castroverde en 1918, na parroquia de Santa Magdalena de Pena, e catro anos máis tarde emigrou coa súa familia a Buenos Aires, onde se iniciou o seu interese pola fotografía, para trasladarse máis tarde, xa casado a Perú, onde chegou en 1958. Traballou como fotógrafo de prensa, publicando en revistas como "Times" ou "Life", pero tamén cultivou a fotografía artística, na que destacou polos seus retratos e polo seu contido social. Fotografou a escritores como Neruda ou Garcia Márquez, entre moitos outros intelecturales da época. En 1967, trasládase coa súa esposa a París, onde comezará a profundar no debuxo e a pintura, alcanzando o éxito con relativa rapidez. A súa obra, tanto fotográfica como pictórica, foi exposta no medio mundo, desde os Estados Unidos a Corea do Sur, e desde Francia ou Bélxica até Lugo, en cuxo Museo Provincial mostrou unha importante parte da súa obra no 2008.

Se queredes ver un vídeo de como foron as palabras de Baldomero Pestana
click aquí.

9 de mayo de 2012

Inauguración Servicios Fotográficos & Eventos [María Nogueira]...

Actos de inauguración dun novo establecemento en Castroverde, este venres 11 de Maio a partir das 20:30 horas na Plaza do Concello, coa presencia do escultor Paco Pestana.


7 de mayo de 2012

Baldomero Pestana, título de fillo predilecto...

Dita ceremonia terá lugar o vindeiro Sábado 12 de Maio de 2012 ás 13:00 horas no Salon de Actos de Plenos do Concello de Castroverde. O finalizar o acto teremos unha pequena degustación dun viño galego no Restaurante Pereira III. O Concello convídavos a que asistades agradecendo a vosa asistencia. 

Por motivos organizativos, prégase confirme a sua asistencia a través:
Teléfono: (982)-31 21 87
Fax: (982)-31 30 11
Móbil: (639)-93 90 67
Email: doris.lopez.castroverde@eidolocal.es



6 de mayo de 2012

Festa en Cobelas...

 O vindeiro Sábado 12 de Maio temos Festas en Cobelas (Castroverde),  na honra a Virxen do Rosario - San Miguel e San Antonio, co seguinte programa:

  (13.30) Misa Solemne.

  (14.00) Sesión Vermú.

 (23.00) Festa e Verbena coa Orquestra RITMO JOVEN e o GRUPO PENTAGRAMA.