13 de abril de 2012

Castroverdenses Ilustres (V): Ánxela Gracían...

  Outra das personaxes conocidas do noso concello é Ánxela Rodríguez Rodríguez, máis coñecida como Ánxela Gracián, nada en San Paio de Arcos (Castroverde) no ano 1968. Licenciouse en Filoloxía Hispánica durante os anos 1987-1992 na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente destaca no seu papel como escritora galega, pero ademais é editora, traductora, crítica literaria e animadora cultural.  Ánxela é autora de literatura xuvenil e infantil, traduce numerosas obrar infantís ao galego.

 Hoxe en día, ela é Vicepresidenta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix). Coordinando actividades e poñendo en marcha diversas iniciativas culturais de visibilización da literatura, como poden ser o Club de Lectura "Gálix tendendo Redes", que traza unha panorámica sobre a literatura xuvenil galega, líneas temáticas, autores...
  No 2009, partipa no "Primeiro Congreso de Literatura Xuvenil Latinoamericana e Galega", declarado de interés ministerial polo Ministerio de Educación da Nación Arxentina.

 En canto a súa obra, é numerosa, entre outras moitas temos:
- Cos petos cheos de cinza (Ed. Everest Galicia).
- As bolboretas Douradas (Ed. Sotelo Blanco).
- Chis chisgarabís (Ed. Tambre).
- A toupiña ceragata (Ed. Galaxia).
- As noites en que o vento asubía o teu nome (Ed. eDixital).
- Nun lugar chamado Labirinto (Ed. Vives, Tambre).
- Pinga de Choiva (Ed. Grupo Anaya Comercial), ilustrada polo profesor de Plástica do C.P.I de Castroverde, Daniel Díaz Trigo.

 Por outra banda, Ánxela dinos que para ela Castroverde é algo sentimental, que se sente emocionada coa súa paisaxe e moi orgullosa de nacer onde naceu. Pola contra este tema non lle ve unha vinculación especial na literatura. Dende Castroverde felicitamos todo o traballo desta escritora galega, e que siga conseguindo metas mellores ata as xa alcanzadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario