Outra das personaxes conocidas do noso concello é Ánxela Rodríguez Rodríguez, máis coñecida como
Ánxela Gracián, nada en San Paio de Arcos (Castroverde) no ano 1968. Licenciouse en Filoloxía Hispánica durante os anos 1987-1992 na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente destaca no seu papel como escritora galega, pero ademais é editora, traductora, crítica literaria e animadora cultural. Ánxela é autora de
literatura xuvenil e infantil, traduce numerosas obrar infantís ao galego.
Hoxe en día, ela é
Vicepresidenta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix). Coordinando actividades e poñendo en marcha diversas iniciativas culturais de visibilización da literatura, como poden ser o Club de Lectura "Gálix tendendo Redes", que traza unha panorámica sobre a literatura xuvenil galega, líneas temáticas, autores...
No 2009, partipa no "
Primeiro Congreso de Literatura Xuvenil Latinoamericana e Galega", declarado de interés ministerial polo Ministerio de Educación da Nación Arxentina.
En canto a súa obra, é numerosa, entre outras moitas temos:
-
Cos petos cheos de cinza (Ed. Everest Galicia).
-
As bolboretas Douradas (Ed. Sotelo Blanco).
-
Chis chisgarabís (Ed. Tambre).
-
A toupiña ceragata (Ed. Galaxia).
-
As noites en que o vento asubía o teu nome (Ed. eDixital).
-
Nun lugar chamado Labirinto (Ed. Vives, Tambre).
-
Pinga de Choiva (Ed. Grupo Anaya Comercial), ilustrada polo profesor de Plástica do C.P.I de Castroverde, Daniel Díaz Trigo.
Por outra banda, Ánxela dinos que para ela
Castroverde é algo sentimental, que se sente emocionada coa súa paisaxe e moi orgullosa de nacer onde naceu. Pola contra este tema non lle ve unha vinculación especial na literatura. Dende Castroverde felicitamos todo o traballo desta escritora galega, e que siga conseguindo metas mellores ata as xa alcanzadas.