Os feitos remóntanse ao ano 2008, cando o acusado convivía coa súa muller e co fillo de ambos -que entón tiña tres anos de idade- no citado municipio.
En concreto, o 17 de marzo, o acusado discutiu coa súa muller e levantou a súa man fronte a ela, facendo ademán de golpeala. Dous días despois, tras discutir coa súa esposa, e aproveitando que ela e o seu fillo saíran de casa, o home pechoulles a porta do seu domicilio de forma que non puideron entrar. Ao atoparse con esa situación, a muller tivo que chamar á Garda Civil.
Con posterioridade a estes feitos, no mes de decembro, o home ameazou á súa esposa e díxolle que ía conseguir unha escopeta clandestina para matala a ela e ao seu pai. Finalmente, o 6 de xaneiro de 2009, a parella discutiu en presenza do seu fillo e o acusado propinoulle á súa esposa un forte empuxón, o que provocou que ela se golpease contra un armario. Como consecuencia da agresión, a muller tivo unha lesión no ombreiro esquerdo.
O acusado negou os feitos durante a vista oral, pero o xuíz do Penal número 2 considerou que a versión da vítima era «totalmente crible» e condenouno por un delito de malos tratos no ámbito familiar, outro de coaccións leves e dous delitos de ameazas leves.
No hay comentarios:
Publicar un comentario