4 de agosto de 2011

A Protectora busca fogar para dous asnos abandonados


"La Voz de Galicia" 04/08/2011:

A Protectora de Animais e Plantas de Lugo busca un fogar para dous asnos que foron abandonados en Castroverde. Os animais foron bautizados como Ulises e Romeo polos veterinarios que lles atenderon nun primeiro momento.

A Sociedade Protectora encargouse de recollelos hai uns días tras recibir unha chamada do Concello de Castroverde pedindo os seus servizos para acoller a estes dous asnos, que foran atados na contorna do pobo e aos que presumiblemente abandonaran. Aínda que non entra dentro das súas competencias retirar este tipo de animais, os responsables da Protectora acudiron, segundo explicaron desde a sociedade.

Os animais foron trasladados ás dependencias do hospital veterinario universitario Rof Codina, onde lles fixeron un recoñecemento médico e os desparasitaron. Segundo informaron desde a Protectora lucense, ambos presentan unha boa saúde xeral e un carácter tranquilo, o que os fai bos candidatos para algunha casa rural ou algunha contorna similar.

Ulises ten uns 8 anos de idade e pelo castaño, mentres que Romeo ten uns 10 anos e pelame gris escuro. Polo momento, permanecen nas dependencias do hospital veterinario, pero poderán ser cedidos en adopción aos interesados a partir do próximo día 18.

Os que así o desexen poden porse en contacto coa Protectora de Lugo a través dos teléfonos 600 548 848 ou 600 548 849 .

No hay comentarios:

Publicar un comentario