2 de julio de 2011

O Concello de Castroverde terá unha dedicación de 18.000€ anuais

El Progreso -------- 01/07/2011

O goberno local de Castroverde contará cunha dedicación exclusiva, de 18.200 euros brutos ao ano, en 14 pagas, que será para a concelleira Pilar Ferreiro Vila, unha das caras novas da corporación, que asumirá as áreas de cultura, educación, mocidade e deporte.

Así figura na proposta que levará hoxe ao pleno o PSOE, que goberna en maioría. De momento non se inclúe ningunha retribución para o alcalde, Xosé María Arias.

En canto á organigrama do renovado goberno local, no que catro do seu seis edís estréanse no cargo, haberá tres tenencias de alcaldía. A primeira será para Eduardo Álvarez López, a segunda, para Isabel Pérez García, e a terceira, para Alberto Castro Sae. Este tres edís serán tamén os que acompañarán ao rexedor nas xuntas de goberno, un órgano que se reunirá o primeiro e o terceiro mércores de cada mes.

En canto ás áreas delegadas, ademais das xa mencionadas de Pilar Ferreiro, o edil Eduardo Álvarez -o único que repite, xunto co alcalde, nas filas socialistas- encargarase de levar a área de obras e servizos.

Entre o resto das propostas que levará o goberno local ao pleno de hoxe figura a de manter a actual periodicidade dos plenos, cada dous meses, e establecer unha dieta por asistencia a cada sesión de 80 euros por concelleiro, que será de 60 por participar nunha xunta de goberno.

Ademais, o executivo liderado por Arias proporá a Pilar Ferreiro como representante da corporación no consello escolar do colexio, na mesa local do comercio de Castroverde a Eduardo Álvarez e David Boudón, e tamén a este último edil no Fondo Galego de Solidariedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario