Texto sobre un pouco do que é Castroverde e do que puido selo...publicado en Xornal por Millán Fernández:
Aquí un anaco:
O xornalista e escritor Santiago Jaureguízar dicía en 1994, nas liñas de El Progreso: “Lo más característico de Castroverde va cediendo a la ley de la gravedad. ¿Cuál es la solución? Tal vez dar el do de pecho”. Non lembro o contido exacto do artigo pero estas verbas resignadas poderían recuperarse literalmente contemplando calquera das posibilidades ás que aludía, nun dos concellos mais ricos e fermosos da zona de transición entre a Terra Chá e a Montaña lucense. Non podo saber se o autor falaba da dolosa e dolorosamente abandonada Torre da Homenaxe da súa fortaleza medieval (símbolo total do concello sobre a cal escribiu Benito Vicetto no S.XIX) ou á súa xente, ou ao seu particular panorama político.
Castroverde resiste estoicamente o transcorrer implacable dos anos, como a maioría do rural do país. Semella que nada se move. Non é amigo de cambios bruscos.
A pequena algarabía prodúcese polas mañás no núcleo da vila, ou as fins de semana cada 15 días cando hai feira local e as “pulpeiras” non dan abasto. A vida camiña “amodiño, centro urbán”. Algún movemento os domingos se xoga a esedé (SD Castroverde), na segunda autonómica, ou se hai algunha actividade no Pavillón Municipal. Pode que en calquera evento excepcional que rache coa monotonía.
A capital da provincia está a dez minutos pola estrada que parte en dous o seu corazón e que vai de Lugo á Fonsagrada. Está ben comunicado. A Mariña e A Coruña a tres cuarto de hora.
O nome da arteria principal é a Rúa Rosalía de Castro, antes do Xeneralísimo. Tamén atravesa o Camiño Primitivo que, seguindo as estrelas, chega a Compostela. Os peregrinos non tiñan onde hospedarse pero semella que nun futuro poderán facelo.
O volume de poboación diminúe incesantemente. A media de idade ronda os 52. Pode tamén que, nun futuro, a xente maior dispoña dun Centro de Día. Como mostra, un botón: en 1940 había censados 9.017 habitantes, 550 na capitalidade. No 2006 eran 3.187 e 412, respectivamente. Hoxe a cifra é menor, e continúa á baixa. Mais mortes que nacementos. Mais emigrantes que inmigrantes. Leva sendo así décadas pois é terra que escoita contos moi reais da diáspora.
A economía local xira arredor dos afanosos sectores agrogandeiro, forestal e de servizos. Hai bos sitios para comer. Noutros tempos houbo fulgor de zoqueiros, tecedoras, segadores, muiñeiros, ferreiros, canteiros...
O colexio, que goza dunhas boas instalacións, dálle vida, pero o número de cativos que ingresa nel descende cada setembro. O Centro Médico tamén é fonte de rebumbio xa que se achegan de todo o municipio e aproveitan para facer encargos ou tomarlle algo. E as fontes de auga cristalina e reparadora espállanse polas parroquias onde igrexas de estilo románico, pazos, cruceiros, petos de ánimas e restos megalíticos complementan unha paisaxe idílica e inzada de carrilleiras, prados e outeiros. O desemprego castiga, pero non se nota tanto. Os comerciantes e os labregos notan a crise menos que nas cidades.
Os invernos son duros coma croios...

No hay comentarios:
Publicar un comentario